martes, 30 de novembro de 2021

SAIDA XEOLÓXICA: VISITA Á COSTA DE DEXO-SEIXO BRANCO




 O martes 30 de novembro de 2021 tivemos unha saída xeolóxica a costa de Dexo-Serantes.

O xeólogo Fran Canosa foi o noso guía para explicarnos a petroloxía e xeomorfoloxía da zona.

Máis información nesta ligazón: SAÍDA A MERA-COSTA DE DEXO.

venres, 26 de novembro de 2021

ENTREGA PREMIOS DO CONCURSO "AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2021-22"




Hoxe fíxose entrega na Biblioteca dos premios ao concurso de selfies "AS MIÑAS BIBLIOTECAS" que convocamos o pasado mes de outubro para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas. Parabéns para os gañadores.

xoves, 25 de novembro de 2021

25-N 2021: DÍA PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES NO "RAFAEL DIESTE"


 

Hoxe xoves 25 de novembro quixemos visibilizar o noso apoio no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres con distintos actos.

xoves, 18 de novembro de 2021

luns, 15 de novembro de 2021

INSTRUCIÓNS DISTRIBUCIÓN MASCARILLAS CURSO 2021-22


 Achégase a ligazón as instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

xoves, 11 de novembro de 2021

CREACIÓN DUNHA HORTA ESCOLAR NO "RAFAEL DIESTE"


 




Neste curso empezamos cun proxecto de creación dunha horta escolar no que participa alumnado de 1º e 2º da ESO con fondos de Axuda en Acción.

venres, 5 de novembro de 2021

'BIBLIODIESTE': CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN

Para celebrar o Samaín, dende o martes 2 ao xoves 11 de novembro imos ler contos terroríficos nos recreos. Alumnado voluntario e profesoras tamén voluntarias fannos pasar un rato de medio divertido entre sombras, cabazas, velas e seres descoñecidos…

Micro contos, contos curtos e algunha sorpresa xaponesa farán as delicias do alumnado máis pequeno que se acerca a biblioteca nesta primeira actividade en exclusiva para todos eles e elas.








 

mércores, 3 de novembro de 2021

XORNADAS DE FORMACIÓN DE USUARIOS EN 'BIBLIODIESTE' PARA ALUMNADO 1ºESO


 Esta semana comezaron as xornadas de formación para o alumnado novo no centro. Aproveitando o ambiente especial do Samaín, presentamos a nosa biblioteca aos novos usuarios e usuarias de 1º ESO. Explicámoslles como sacar partido dos recursos da biblioteca: como atopar os libros, como usar o seu carné, os ordenadores, onde están os cómic, as películas e os xogos de xadrez. E presentamos as nosas novidades: o punto de intercambio, o caixón de suxestión e o anel Lgtbiq+. 

Benvido todo o mundo!!!

SAÍDA A SANTIAGO: VISITANDO "GALICIA FUTURA" E O MUSEO DE HISTORIA NATURAL



 O martes 2 de novembro de 2021 os 1º de Bacharelatos de Bioloxía e Xeoloxía tivemos unha saída a Santiagode Compostela, visitando pola mañá a exposición de Galicia Futura situada no Museo do Monte Gaiás e pola tarde ao Museo de Historia Natural, situado no parque de Vista Alegre. 
Toda a información en detalle nesta ligazón: SAÍDA CIENTÍFICA A SANTIAGO.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores