xoves, 27 de marzo de 2025

Charla sobre o perigo das fake news

O pasado 20 de marzo o alumnado de 1º de bacharelato asistiu a unha charla sobre o perigo das mentiras, bulos e desinformación en redes sociais, impartida por César Rodríguez, antigo alumno do centro e periodista da Voz de Galicia.



Información sobre bolsas de estudo MEC 2025/2026

Aberto ata as 15:00 horas do 14 de maio de 2025 o prazo de presentación de solicitudes para bolsas de estudo MEC 2025/2026.

Para que estudos pode solicitar unha bolsa?

Para alumnado que no curso 2025/2026 estea matriculado en:

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinos artísticos: profesionais e superiores
  • Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinos deportivos
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico
  • Ensino universitario: Graos, Mestrados...

Como solicitala?

1. Accede á sede electrónica https://sede.educacion.gob.es

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

2. Rexístrate

  • Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal:
      • Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que che volvas a rexistrar.
      • Se nunca te rexistraches, clica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.
  • Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas:
      • Con Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou
      • Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistraches na sede electrónica.

3. Enche o formulario

Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña.

4. Imprime o xustificante de presentación. Comproba se te atopas nalgunha das situacións para remitir documentación.

Enderezo para remitir documentación á unidade de bolsas:

Departamento Territorial da Coruña. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos

Sección de Bolsas de Estudo

R/ Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar

15008 A Coruña

Para máis información: https://www.becaseducacion.gob.es/

Durante os meses de agosto e setembro debes estar atento a notificacións a través do correo eletrónico ou da sede electrónica.

Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar.

Para calquera dúbida, podes consultar a través de:

Teléfonos: 981 184 741, 981 184 742, 981 182 436, 981 185 725, 981 184 769

Correo electrónico: bolsas.ed.co@xunta.gal

 

luns, 24 de marzo de 2025

Alumnado do IES Plurilingüe Rafael Dieste premiado no concurso literario "Rita Suárez Amado"

Por quinto ano consecutivo, alumnado do IES Plurilingüe Rafael Dieste foi galardoado no Concurso Literario "Rita Suárez Amado" que organiza o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, e que celebra este ano as 20 edicións.

Julieta Pérez Luna, de 3º ESO, foi premiada na súa categoría, e Sofía Carou Barreiro, de 4º ESO, e Daniel Rey Cousillas, de 1º bacharelato, acadaron accésits.

Coma sempre, agradecementos especiais á mestra xubilada Mercedes Garrote, que animou ao alumnado a participar no certame, axudándoos no proceso.

Parabéns!

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores